Ciclo de cine antifascista [20/08 e 10/09]

Os xoves 20 de agosto e 10 de setembro proxectaremos un ciclo de cine antifascista co filme Die Welle e o documentario galego a Volta dos Nove. Ambos serán ás 21:30 na Canella do Hospital (preto da Praza Santo Domingo).

Die Welle (Xoves 20/09):
Baseada en feitos reiais, en Alemaña, durante a semana de proxectos, ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle facer un experimento para explicar aos seus alumnos o funcionamento dun réxime totalitario. En apenas uns días, o que parecía unha proba inócua baseada na disciplina e o sentimento de comunidade vai derivando cara a unha situación sobre a que o profesor perde todo control.

A Volta dos Nove [Xoves 10/10]:
Nunha das curvas da estrada que nos achega desde Baiona ata A Guarda, concretamente na Enseada de Bombardeira de Baredo, produciuse un tráxico suceso en plena Guerra Civil Española. O 15 de outubro de 1936 nove veciños da comarca do Val Miñor foron executados.

Haberá cadeiras e distancia de seguridade (e non esquezas nin a mascarilla, nin os petiscos).

En caso de choiva trasladarémonos ao Centro Social Mádia Leva (R/Serra dos Ancares, 18).

Presentación do colectivo, 6 de Agosto

O xoves 6 de agosto ás 21 horas presentamos o colectivo Lugo Antifascista que nace na nosa cidade para plantar cara ó fascismo e recuperar a memoria antifascista do pasado.

Posterior á presentación proxección do filme “Camada Negra”. Sinopse:

Tatín e os seus dúas irmás cantan nun coro xuvenil. Branca, nai dos tres, é unha muller violenta e fanática, fiel á memoria do seu primeiro marido, un falanxista en cuxa memoria creou un grupo clandestino de activistas. O grupo compóñeno os mesmos membros do coro, coa excepción de Tatín, ao que consideran demasiado novo. Un antigo laboratorio estatal, do que Branca foi porteira durante moitos anos, é o escenario onde ensaian e, ao mesmo tempo, a fortaleza que protexe as actividades subversivas de todos eles. Tatín, ao sentirse menosprezado polos seus amigos, decide actuar pola súa conta. Foxe de casa e leva o seu plan adiante, aínda que o único que consegue é crear problemas aos activistas. Finalmente, os membros do grupo encargan a Rosa a incorporación do mozo ao grupo.

Tanto a presentación como o cine será na Canella do Hospital (preto de Santo Domingo).

Leva mascarilla e mantén a distancia de seguridade.